El olvido que seremos

Héctor Abad Faciolince

Cheguei ao Café Voltaire no mes de xaneiro de 2007 por invitación de Carlos Fernández. O libro que se comentaba era La doble llama, de Octavio Paz. O presentador, Anxo Rei Ballesteros (1952-2008). Triste- mente, foi o seu último Café Voltaire. Desde aquela procu- ro non faltar nunca. Se un bo libro fai a quen o le mellor persoa, comentalo con tertulianos como os “volterianos” é aínda, se cadra, máis enriquecedor.

El olvido que seremos foi unha proposta que fixemos Ti- burcio Angosto e mais eu en xuño de 2009. Presentámolo ambos; el falou dos sicarios e eu da luces e das sombras da familia Abad Faciolince, que é a protagonista do libro de Héctor Abad, que podemos considerar enmarcado no xéne- ro, cada vez máis frecuente, das escrituras do pai.

Dalgún xeito, toda literatura é o recoñecemento dunha filiación, pois o escritor asume a lingua e a tradición dos seus antepasados, aínda que sexa para subvertela. José María Conget, nun artigo publicado en Fronterad (23-XII-2009), titulado “Telémaco encuentra a su padre”, clasifica a literatura que trata da relación do fillo co pai na narrativa occidental en dous modelos clásicos: o creado por Sófocles —pai odioso ao que Edipo, o seu fillo, ten que matar, que a partir do século XX popularizou a psicanálise—, e o modelo Telémaco, creado por Homero, onde o fillo es- fórzase por entender o pai. Na literatura moderna temos máis exemplos de Edipo ca de Telémaco.

A representación por antonomasia da primeira serían dous coñecidos textos de Kafka: a Carta ao pai e A trans- formación. Da segunda temos varios exemplos publicados ultimamente. En lingua inglesa hai dúas obras moi inte- resantes que seguen o modelo Telémaco: A invención da soidade, de Paul Auster, e Maus, unha novela gráfica de Art Spiegelman que recibiu o premio Pulitzer en 1992 e o do Festival do Cómic de Angulema en 2011.

En castelán podemos citar algúns exemplos do mo- delo Telémaco publicados recentemente: El arte de volar, novela gráfica de Antonio Altarriba e do debuxante Kim, premio Nacional de Cómic en 2010, Tiempo de vida, de Marcos Giralt Torrente, e o libro que comentamos, El ol- vido que seremos, onde o autor lembra con profundo amor o pai asasinado por uns sicarios en 1987.

“Ya somos el olvido que seremos”. A primeira liña do soneto que titulado “Aquí. Ahora”, que trata sobre a transitoriedade da existencia e que o autor, xunto a unha lista de persoas ameazadas polos paramilitares, atopa nun peto da chaqueta do seu pai, Héctor Abad, asasinado, serve de título a este libro de memorias; libro de recordos de nenez e de mocidade; biografía afectiva.

Héctor Abad Faciolince, nado en Medellín en 1958, iniciou estudos de medicina, filosofía e xornalismo na súa cidade natal, todos inconclusos, para despois licenciar- se en linguas modernas en Turín. Regresou a Medellín en 1987, xa casado. Pouco despois do asasinato do seu pai tivo que abandonar Colombia polas ameazas sufridas contra a súa vida. Logo dunha curta estancia en Madrid, instalouse de novo en Italia, onde traballa como lector de español. Regresou definitivamente ao seu país, onde, ademais de tradutor e escritor, é columnista en varios xornais.

A estrutura do libro é lineal. O principio é o principio. Unha novela da escritora italo-xudía Natalia Grinsburg serviulle como modelo, segundo el mesmo explica.

O noso Telémaco-autor-fillo críase no seo dunha familia formada por dez mulleres e dous homes: a súa nai, cinco irmás, a aia da súa avoa, de case cen anos, dúas raparigas de servizo, unha monxa, el e mais o seu pai, ao que amaba sobre todas as cousas.

Yo amaba a mi papá con un amor animal. Me gustaba su olor, y también el recuerdo de su olor, sobre la cama, cuando se iba de viaje, y yo les rogaba a las muchachas y a mi mamá que no cambiaran las sábanas ni las fundas de la almohada. Me gustaba su voz, me gustaban sus manos, la pulcritud de su ropa y la meticulosa limpieza de su cuerpo. Cuando me daba miedo, por la noche, me pasaba para su cama y siempre me abría un campo a su lado para que yo me acostara. Nunca dijo que no. Mi mamá protestaba, de- cía que me estaba malcriando, pero mi papá se corría hasta el borde del colchón y me dejaba quedar. Yo sentía por mi papá lo mismo que mis amigos decían que sentían por la mamá.

A súa nai procedía dunha familia relixiosa e conserva- dora. O seu tío era o arcebispo de Medellín. Viviu ata a súa voda con el e coa nai no palacio arcebispal. A súa forma- ción, tan relixiosa e conservadora, non lle impediu montar unha empresa de administración de inmobles, preocupada polo escaso salario do seu marido, profesor de universidade, ante a necesidade de diñeiro da familia. O traballo dela é o que lle permite ao seu marido non facer ningún cálculo de conveniencia laboral ou monetaria, ou buscar unha al- ternativa de traballo.

Era unha nai que consentía as cinco fillas, quizais para equilibrar o afecto mutuo (e físico, ademais) que sentían o pai e o único fillo. Algúns parentes dicían que o papá o ía volver marica de tanto que o agarimaba.

O pai médico hixienista, profesor da universidade, era un híbrido: de relixión cristiá, marxista en economía e libe- ral en política. As especialidades do pai como profesor son a saúde pública e a medicina preventiva, por iso se dedica con paixón a proxectos nos barrios pobres, onde a situación hixiénica é moi deficiente; unha actividade que leva apare- llada o compromiso político. Como resultado diso, o doutor Abad entra na década dos sesenta en conflito co goberno conservador da universidade e coas autoridades, tamén conservadoras, do país. Varias veces, a partir de 1963-1964, vese na obrigación de marchar do país, traballando para a Organización Mundial da Saúde.

Ausencias obrigadas que embazan a felicidade da infan- cia do autor, que transcorría entre a súa casa e os veraneos nas terras dos avós paternos.

A súa educación é un tanto contraditoria. Aínda que o seu pai é laico, envíano a un colexio do Opus Dei, logo dun intento non logrado da nai de envialo aos xesuítas, onde non foi admitido pola ideoloxía e a actividade pública do seu pai.

O pai, que fora educado dun xeito duro, con castigos, con golpes, educa os fillos con amor, con mecos, consentín- dolles todo ou case todo. “Si quieres que tu hijo sea bueno, hazlo feliz, si quieres que sea mejor, hazlo más feliz. Los hacemos felices para que sean buenos y para que luego su bondad aumente”. Ensínaos a apreciar a literatura e a música e ponos en contacto cun mundo de nenos enfermos, case sempre por doenzas causadas pola pobreza e a falta de hixiene.

Un mundo feliz ata que á súa irmá, Marta Cecilia, a es- trela da familia, a que brillaba con luz propia, a que tocaba o violín desde pequena —a súa foto, co instrumento, é a por- tada do libro—, enferma. Diagnostícaselle un melanoma de moi difícil curación. O pai e a nai, despois de pedir diñeiro á familia e amigos, trasládanse con ela a Washington para que reciba un tratamento carísimo e innovador. O tratamento non ten éxito e regresan a Medellín. Unha agonía moi do- lorosa desespera o pai. Encérrase no seu despacho horas e horas escoitando a Beethoven e Mahler, maldicindo a súa incompetencia, reprochándose por non extirpar a tempo os lunares do corpo, non prohibirlle pórse ao sol, non poder curala.

A tía Inés acompaña a Marta Cecilia durante a ago- nía, cóidaa con agarimo e escoita as súas confidencias. As irmás, que tamén se roldan no coidado, xunto á tía Inés cosen un tapete que conserva a familia coma un tesouro. Marta, que tiña 16 anos, tivo tempo, na súa curta vida, de ter dous noivos: Andrés, o seu amor da alma, e Hernán Darío, o seu amor do corpo. Ao principio da enfermidade tamén se roldaban, un ía pola mañá e o outro pola tarde, o último mes acudían xuntos. Un collíalle unha man e o outro a outra.

A morte de Marta, en decembro de 1972, transformou para sempre a familia. Os pais non volveron ter relacións. O amor que sentía o seu pai polos fillos, logo da morte de Marta, transformouse nun compromiso lindeiro coa tole- mia en batallas imposibles. As primeiras batallas foron na universidade. Naquela época era presidente da Asociación de Profesores. A liberdade de cátedra desaparecera e os profesores eran vixiados e recibían visitas periódicas nas súas clases. Unha longa loita contra o final do goberno de Misael Pastrana. Máis de douscentos profesores foron des- tituídos, que, coa chegada ao poder, pouco máis tarde, do liberal López Michelsen foron readmitidos. Este presiden- te noméao conselleiro cultural na embaixada en México no ano 1978. Marchan pai e fillo.

Pero ese año de excesiva intimidad con mi papá fue el año, también, en que yo me di cuenta de que debía de sepa- rarme de él, así, fuera matándolo. No quiero que esto suene muy freudiano, porque la cosa es literal. Un papá tan perfec- to puede llegar a ser insoportable […]. Pero era imposible pelear con mi papá, así que la única forma de enfrentarme a él era haciéndolo desaparecer, así que muriera yo en el intento.

Viaxa a Italia en 1982, logo de ser expulsado da uni- versidade, coa súa muller, Bárbara, e alí recibe a noticia de que o seu pai se ve obrigado a xubilarse aos 61 anos. Foi nestes anos, desde 1982 a 1989, cando o doutor Abad, xa sen compromisos laborais, se dedicou con máis forza á loita polos dereitos humanos. No ano da súa morte, 1987, a gue- rra sucia asáñase aínda máis contra a universidade. Malia as dificultades, o doutor segue loitando coas súas palabras, denunciando publicamente defectos e convocando mani- festacións nas rúas de Medellín.

O 25 de agosto de 1987 foi asasinado por dous parami- litares en pleno día, por dous mozos “co pelo ao cero típico da milicia” dos cales non saberá nunca nada polo evidente desinterese da administración de xustiza nas investigacións. O fillo chega aos poucos minutos da morte acompañado da súa nai. Ela quítalle o anel de casado e el dous papeis do peto. Unha lista das persoas ameazadas polos fascistas onde esta o nome do morto e un manuscrito dun soneto asinado por J. L. B.

Aquí. Hoy

Ya somos el olvido que seremos.
El polvo elemental que nos ignora
y que fue el rojo Adán y que es ahora todos los hombres y que no veremos.

Ya somos en la tumba las dos fechas del principio y del término, la caja, la obscena corrupción y la mortaja, los ritos de la muerte y las endechas.

No soy el insensato que se aferra
al mágico sonido de su nombre; pienso con esperanza en aquel hombre que no sabrá que fui sobre la tierra. Bajo el indiferente azul del cielo
esta meditación es un consuelo.

O soneto serve de epitafio para a tumba do doutor Abad, anos máis tarde, cando se publica por primeira vez o libro en Colombia (2005), vai dar lugar a unha gran po- lémica causada pola adxudicación da autoría do soneto a Jorge Luis Borges. O escritor colombiano Harold Alvarado Tenorio confésase autor do soneto e acusa a Héctor Abad de mentireiro e de buscar unha propaganda fácil utilizando un verso de Borges como título do seu libro. A investiga- ción que fai Héctor Abad, ao verse así acusado, por saber quen é o autor, lévao a percorrer varios países, intercambiar centos de cartas e correos electrónicos con universidades, escritores e coñecedores da obra de Borges. A peripecia dá lugar a outro libro: Traiciones de la memoria.

Un ser humano deixa sempre as súas pegadas.

Non hai ser humano sen sombras.

Pintada nunha parede en Nova York

O doutor Abad deixou as súas pegadas e, como calquera outra persoa, as súas sombras. Estas son as que o autor —o seu fillo, Telémaco— descobre cando, despois da súa morte, abres os seus caixóns, pero que por respecto a el e á intimi- dade da súa nai e irmás, non desvela.

Todos tenemos en nuestras vidas algunas zonas de som- bra. No necesariamente son zonas vergonzosas; hasta es posible que sean las partes de nuestra historia que más nos enorgullezcan, las que al cabo del tiempo nos hacen pensar que, a pesar de los pesares, se justificó nuestro paso por la tierra, pero que como forman parte de nuestra intimidad más íntima, no queremos compartirlas con nadie. También pueden ser zonas ocultas porque nos resultan vergonzosas, o al menos porque sabemos que la sociedad que nos rodea en ese momento las rechazaría como odiosas o monstruosas o sucias, aunque para nosotros no lo sean. O pueden estar a la sombra esas zonas porque de verdad, e independientemen- te de cualquier tiempo o cultura, son hechos reprobables, detestables, que la moral humana de cualquiera no podría aceptar.

No eran sombras de este tipo las que yo hallé en los cajones de mi papá. Todo lo que encontré lo hace, ante mis ojos, más grande, más respetable y más valioso…

Nunha entrevista radiofónica realizada en Colombia, e que se pode escoitar en Youtoube (“Hector Abad: el olvido que seremos en el recuerdo que somos”), o autor fala das dúas razóns que tivo para escribir este libro: que os seus fillos coñezan quen foi o seu avó e escribir un libro onde as vítimas dos sicarios teñan voz.

A aparición das AUC (Autodefensas Unidas de Co- lombia, ou paramilitares), responsables da morte do dou- tor Abad Gómez, non só incrementou o grao de violencia e sadismo contra os campesiños, tamén esparexeu sos- peitas moi fundamentadas de corrupción e conivencia do exército con este grupo. As AUC foron os responsables de máis do 50 por cento dos masacres perpetrados polos grupos armados colombianos.

Pero probablemente a contribución máis cruel da vio- lencia en Colombia sexa a aparición e profusión dos novos sicarios, nalgúns casos case adolescentes, contratados para asasinar por unha mísera cantidade de diñeiro a alguén que nin sequera coñecen. Elevados á categoría de mito por dúas novelas: La Virgen de los sicarios e Rosario Tijeras, implantaron unha nova cultura na que se mesturan, case a partes iguais, a relixiosidade, a violencia desalmada, a vida anómica e unha vinculación familiar, case fusional, basea- da na obediencia cega á nai.

Os sicarios, fenómeno que se estende en Medellín e nas súas comunas, teñen toda unha serie de rituais, tanto para matar como para a súa propia morte, no caso de que suceda. Practican, ademais, un extremado catolicismo sui generis: rezos á virxe antes de matar a alguén, ferver as balas con auga bendita…

Para o sicario, o outro, o que van matar, non é un seme- llante, senón alguén vinculado ao seu propio lado “malo”, que só sería humano ou semellante a el se a vítima o mira; de aí a necesidade de non só matalo, senón de destruír todas as súas faccións.

A recompensa polo traballo do sicario non é algo que se acumula, só é para gastar e exhibir, case sempre no seu barrio. Ninguén pregunta de onde vén o diñeiro, nin sequera a nai, elemento esencial de toda a armazón do sicariato. “Gane plata honradamente, mijo, y si no puede, gane plata”, asegúrase que din as nais aos seus fillos.

Anne Marie Losonczy, antropóloga, estudosa dos si- carios, asegura que estes só alcanzan a súa identidade coa morte, é dicir, cando na tumba se escribe o seu auténtico nome. Durante a súa curta vida, manexan un alias por toda identidade; só coa morte é cando se sabe quen era e cal a súa procedencia. É a máxima representación do anonimato: cando xa non se pode ser, é cando se é. En definitiva, vida anómica, asasinatos sen referencias e loita sen ética.

En Cien años de soledad vemos como o coronel Buendía pasa a meirande parte do tempo guerreando e sufrindo as matanzas de familiares e amigos: “En el curso de esa se- mana, por distintos lugares del litoral, sus diecisiete hijos fueron cazados como conejos por criminales invisibles que apuntaron al centro de sus cruces de ceniza”. Probablemen- te este parágrafo sexa o precursor dos masacres que ocorre- rían máis tarde en toda Colombia.

Efectivamente, o país sufriu numerosas guerras civís e ten unha longa historia de movementos guerrilleiros. De feito, as FARC son a guerrilla máis antiga de toda Lati- noamérica e, probablemente, do mundo. En calquera caso, o seu líder, Manuel Marulanda Tirofijo, si que foi o máis veterano dos líderes guerrilleiros.

En 1948, Juan Roia Sierra sabía que ía matar un home, pero non podía nin sequera intuír que ía cambiar o destino de todo un país cando asasinou, ás 13 horas do 9 de abril, na Carreira 7a de Bogotá, a Jorge Eliécer Gaitán, político honesto e con grande apoio popular, candidato á presiden- cia de Colombia, que tiña entre as súas prioridades acabar coa corrupción política. Juan Roia Sierra, un esquizofréni- co, foi linchado, unhas horas despois, polo xentío, polo que nunca se chegou a saber con certeza cal foi o motivo real que o levou a disparar precisamente a Jorge Eliécer Gaitán.

É probable que tamén fose un sicario, pero no seu asasi- nato había algo del mesmo que o impulsou a facelo. Un día, mirándose no espello, descobre que se estaba transfor- mando no xeneral Santander1, desexando “llegar a ser útil a mi patria, a mi familia y a la sociedad en general”2 [sic]. Matando a Gaitán creu facer algo polo seu país, segundo a súa escala de valores.

O coronel Buendía de Cien años de soledad non foi fu- silado, combateu en trinta e dúas guerras civís e perdeunas todas, mais guerreaba polo ideal liberal ou contra os grin- gos. As súas guerras, se se pode dicir así, eran éticas.

“Como a Rosario le pegaron un tiro a quemarropa mientras le daban un beso, confundió el dolor del amor con el de la muerte”. Este é o inicio de Rosario Tijeras. Rosario é a sicaria da novela de J. Franco Ramos. Os que a leron recordarán que se trata dunha rapaciña que é violada e logo de matar o seu violador cunhas tesoiras, ante a súa incapacidade para sentir, convértese en sicaria.

A Rosario faltáballe a dor da vida e as súas vítimas non teñen identidade. Mata, do mesmo xeito que o pro- tagonista de La Virgen de los sicarios, nunha orde distinta á da vida real. O homicidio ocorre noutra dimensión allea a eles e á súa existencia. Estes aspectos poden darnos al- gunha pista sobre o problema da violencia en Colombia naqueles anos.

Gran parte da poboación colombiana perdeu a repre- sentación da vida como diferenza ou como abano de po- sibilidades. Ámase ou mórrese. Non se loita ou se guerrea senón que se masacra. Non hai outros diferentes, senón inimigos. Non existe xa unha representación da vida senón a representación cotiá das frecuentes mortes. A vida xa non está no cotián, só a morte. Para iso só hai que ler as primeiras páxinas dos xornais daquela época “de chumbo”, como a chaman.

Neste ambiente prodúcese o asasinato en 1987 do douto Héctor Abad, amante da liberdade, da xustiza e da vida. Malia que a vida fose unha ferida absurda, como di o tango “La última curda”, que tanto lle gustaba. Pero tamén, como di un famoso vallenato, en Colombia ámase ou vívese para non lembrar a morte:

Este es el amor, amor,
el amor que me divierte.
Cuando estoy en la parranda
no me acuerdo de la muerte.

Tïtulo: Café Voltaire 
10 Anos de libros e tertulias en Vigo
Autores: Xose Maria Álvarez Cáccamo, Miguel Pérez Pereira, Adela Rodríguez……..
Editorial: Galaxia
Año: 2015