Veño de saber por un amigo, e case con dous meses de atraso, do teu pasamento.
Superada a primeira impresión de perda e tristeza, a miña cabeza voa trinta anos atrás. Ese é o tempo que hai que nos coñecemos.
Faltaba moí poucos días antes das primeira eleccións, aquelas do 15 X do 77 e estabamos en plena campaña electoral. Os “ Pexegos”, asi nos chamaban a xente aos membros de P.S.G., estabamos aquela maná na nosa sede que tamén era a casa de Xan Cornide,de Xaquin e de….; nunca soube con certeza quen vivía alí.
O salón-oficina, que daba á Rua do Vilar,rebordaba actividade. Planificabamos unha “pegada” na zona de Cacheiras-Teo, concello da bisbarra de Santiago. O noso traballo naqueles intres era acadar un coche, tarefa ben díficil, e un conductor, ademais de decidir quén iamos, cantas vasoias, caldeiros e paquetes de cola precisariamos e por suposto o número de carteis, que era algo que tiñamos que controlar,pois os cartos non sobraban e non podiamos permirtirnos o luxo de desperdicialos.
Estabamos eufóricos e pensó que ese sentimiento era alimentado polo sol que entraba a cachón pola fiestra e pola nosa inocencia. Eramos atenticamente inocentes. ¡ Pensabamos que iamos ter moítisimos deputados! ¡ Que desilusión levamos!
Recórdote espatarrado nuhna cadeira no medio do cuarto, con moi mala cara, palidísimo, e ademáis moi calado, cousa rara en ti. Alguén, non lembro quen, dixo que ás dez tiñamos que estar todos alí e foi nese intre cando se escoitou a túa voz diciendo que non podías. Que non poideses, pareceunos unha catástrofe. Eramos catro monas “ entregadas a causa” e se un non podía, viviámolo traxicamnete.
Armouse tal rebumbio, falabamos, opinabamos, ata que, cambiando a túa palideza por arroibamento, ousaches dicir : “ É que acabo de me operar de fimose”.
Podiase cortar o silenzo.
¡Vaia idea! ¡ Antes das eleccións e ti operándote de fimose! ¿ Qué pasa, que non podías agardar?, murmuro algún de nós.
Aquelas eleccións, que son parte da historia deste país, para min sempre estarán unidas a ti.
Boni, o teu nome segue a parecerme precioso.
Título: Bonifacio Borreiros
Na memoria de Galicia
Autores: Xesús Alonso Montero, Damian Villalain, Ramiro Fonte, Adela Rodriguez……
Editorial: Biblos club de lectores. Concello de Ferrol
Año: 2007